Estado crítico 2 :
Segunda edición de "Estado crítico", que tivo lugar entre 2013 e 2015, na Sala Alterarte (Ourense). Ao seu abeiro, foi acollendo once mostras doutros tantos creadores curadas por profesores da Universidade de Vigo. Nesta edición entraron, outra vez máis, un grupo de artistas que nunca expuxeran na s...
Saved in:
| Main Authors: | , , |
|---|---|
| Format: | Book |
| Language: | Galician Galician Spanish |
| Published: |
Ourense :
Ourense : Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016
2016
|
| Subjects: | |
| Online Access: | View in source |
| Tags: |
No Tags, Be the first to tag this record!
|
| Summary: | Segunda edición de "Estado crítico", que tivo lugar entre 2013 e 2015, na Sala Alterarte (Ourense). Ao seu abeiro, foi acollendo once mostras doutros tantos creadores curadas por profesores da Universidade de Vigo. Nesta edición entraron, outra vez máis, un grupo de artistas que nunca expuxeran na sala e ademais promoveuse, como vén sendo habitual, a presenza igualitaria de artistas mulleres e homes, e tamén se foi reivindicando a presenza interxeneracional, polo que se promoveu unha frutífera mestura de escolas, correntes e tendencias. Ao londo deste tempo e como xa vén sendo tradición neste espazo, cada un dos artistas participantes doou unha obra súa á colección da sala universitaria. Co obxectivo de valorizar e compartir estes fondos coa cidadanía e continuar promovendo a creación artística e os seus protagonistas, celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a mostra Estado Crítico 2 na Colección Alterarte . A exposición recolle obra dos artistas Lidia Alonso, Mª Covadonga Barreiro, Buciños, Marta Cerviño, Marcos Covelo, David Crespo, Dana Díaz, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Maya Kapouski, Rosalía Pazo Maside, Javi Moreno e José Luis Torrico, ademais dunha peza de creación anónima incluída nunha mostra curada polo docente Javier Tudela. |
|---|---|
| Physical Description: | 203 p. : il., fot. ; 17 x 24 cm |
| ISBN: | 9788492958412 |